lunes, 17 de octubre de 2022

 Cidade da Cultura

O próximo 25 de outubro visitaremos a Cidade da Cultura e faremos unha visita guiada "Arquitectura e Paisaxismo".

Pretendemos coñecer o proxecto do arquitecto Peter Eisenman, os materiais empregados e a integración dos edificios na paixase.

Para ir coñecendo algo pinchade aquí

miércoles, 5 de octubre de 2022

MUNCYT

 Fixemos unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.

Traballamos en dous grupos:

  • Obradoiro de electricidade, implementamos o circuíto dunha radio. Matías e Candela conseguiron escoitar a COPE.
  • The winner is.... descubrimos erros científicos en anacos de películas.

¿Como foi a vosa experiencia?

viernes, 30 de septiembre de 2022

AI: More than Human.

O martes 4 de outubro visitaremos a exposición "AI: More tan Human". Aquí podedes facer unha vista previa do que nos espera para ir quentando motores. 

  Pincha aquí

Despois espero os vosos comentarios e impresións.

viernes, 21 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE SENSORES

Despois do madrugón, a envexa aos que deixamos en Guitiriz para facer unha ruta e do noso percorrido polas rúas da Muralla lucense e, grazas ao GPS de Daniel, chegamos ao edificio da Deputación para participar nun obradoiro de sensores. Coido que foi unha experiencia gratificante. Grazas Manuel. Así que agora toca facer un recopilatorio do aprendido. ACTIVIDADE Nos mesmos grupos ides describir as experiencias realizadas. Facede fincapé nos sensores que empregastes e as utilidades que consideredes que poden ter. Finalmente, valorade a actividade.

VISITA A INDITEX

ACTIVIDADE En grupos de tres alumnos debedes de describir o proceso que vos explicaron, desde a idea da prenda ata que chega ás tendas do grupo. Cada grupo pódese constituír nun departamento. Podedes completar o traballo con información que atopedes na rede sobre o grupo empresarial INDITEX. Por último, facede unha valoración construtiva da visita.

VISITA Á EMPRESA APPLUS

ACTIVIDADE Comentade a visita aos distintos laboratorios: microscopía, END, construcción. Facede fincapé na relación cos contidos traballados. Finalmente, valorade a visita.

miércoles, 25 de junio de 2014