miércoles, 11 de febrero de 2009

ACTIVIDADES

A partir de agora espero escribir, en colaboración cos meus alumnos, sobre todas as actividades e visitas que se vaian realizando no Departamento de Tecnoloxía do IES de Sabón.

As actividades realízanse principalmente en 1º de Bacharelato, xa que 2º vén moito máis marcado polas urxencias de temario que impoñen as PAAU.

CHARLA PLÁSTICOS

O día 21 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato participaron nunha charla organizada polo CGAP.

Os alumnos tiveron a oportunidade de ver como se realizou unha pequena peza de plástico a partir de material reciclado mesturado con granza.

Tamén visualizaron distintas mostras de materiais plásticos identificados.