martes, 2 de junio de 2009

ARTEIXOGRARES

Os alumnos de TIC, 1º de Bacharelato, elaboraron, ao longo da 2ª avaliación, un xornal ao que denominaron ARTEIXOGRARES.



O grupo está formado por 14 alumnos do bacharelato de ciencias, de humanidades e de ciencias sociais. Dividirónse en grupos segundo as seccións do xornal: portada, cultura e sociedade, tema libre, o teu entorno, medioambiente e deportes.



Todos os grupos estaban formados por dous alumnos, agás o de medioambiente que o constituían catro.



O nome asignado ao xornal adoptouse por votación entre varios propostos.



Cada grupo encargouse de buscar información, redactar as noticias, elaborar entrevistas, obter as fotografías (a maior parte delas foron feitas polos propios alumnos) e incluso elaboraron algún anuncio comercial. Tamén se encargaron da maquetación de cada páxina. Para isto empregouse o programa facilitado polo concurso "El Pais de los Estudiantes", que organiza o xornal El Pais.



Lamentablemente non quedaron finalistas no concurso, pero a implicación e o traballo creo que merece a pena.



A Biblioteca do Centro fixo unha pequena homenaxe cunha exposición baseada no seu traballo.