miércoles, 3 de marzo de 2010

VISITA A INDITEX

O xoves 4 de marzo, faremos unha nova visita. Esta vez toca o proceso productivo téxtil, visitamos INDITEX. Que ademais son os nosos veciños.
Veñen con nós, os compañeiros de Bioloxía; ¡temos que ser vos anfitriones!
¿Que vou pedir que fagades?
1º estar ben atentos, é unha grande oportunidade. Recórdovos que estas visitas son un privilexio, unha ocasión única de ver en vivo e en directo o que estudiamos na aula.
2º facer unha descrición de todo o proceso, desde a idea previa ata que nos temos a prenda de roupa no noso armario. E, evidentemente, entregala a vosa profesora.
3º entrar de novo no blogue e deixar as vosas impresións e comentarios.
Os alumnos de Bioloxía debeder rexistrarvos previamente no Blogue. Necesitades unha conta de gmail, os que ademais sodes de TIC xa a tedes.
As preguntas "intelixentes" que lle fagades a guía contarán para nota. ¡Interesante!
Deixo unha foto doutros compañeiros que fixeron a mesma visita que vós hai tres anos, seguro que atopades caras coñecidas
.

VISITA A APPLUS

Espero os vosos comentarios sobre a visita a APPLUS. Recordade que aínda me debedes o cadernillo de observación da visita.

Deíxovos un par de fotos da visita, en especial a de Dario ¿Messi?

Grazas a todos pola vosa boa actitude nesta actividade, e grazas a Isabel Pardo pola súa compañía e interese. Tamén por facer de fotógrafa.