Como vedes este ano temos un pouco abandonado o blogue, non hai tempo para todo. Pero isto non é escusa para que non traballedes, temos moito que facer e o remate de curso está ahí.
O venres 18 fixemos a visita a APPLUS, grazas a Cristina Llamosas que sempre está ahí, contando con nós. A verdade é que supón unha grande oportunidade para nós poder participar nesta actividade.
Creo que cumpriu todas as vosas expectativas, a académica incluída, e que non se fixo pesada, agás a "viaxe de ida" no bus.
Agora toca que traballedes vos. Recordade que tedes que entregarme o caderno de traballo e que contará como nota de clase para a avaliación. Ademais, cada un de vós, debe deixar un comentario "intelixente" sobre o ensaio ou o aspecto que máis lle chamou a atención. Unha idea sería, por exemplo, comentar como imaxinábades vós o ensaio e como é na realidade. Canto antes o fagades mellor, porque así non tedes lido os comentarios dos vosos compañeiros, despois será máis difícil.
Ánimo que xa queda menos e os temas que faltan son máis agradables.