Deixo algunhas preguntas para a vosa reflexión e estudio:
¿Cal é a función do balcón e/ou o alero nun edificio bioclimático?
¿Como inflúe o entorno na bioclimática?
¿Cal é a temperatura dentro dun iglú? ¿Como se pode vivir así? ¿Que pasaría se esa temperatura subise por riba dos 0ºC? ¿Que é o que ailla neste tipo de construcións? ¿Por que nos interesa iso se non somos esquimais?
¿Existen casas soterradas en España?
¿Cara onde orientarías unha galería? ¿Cal é a súa función? ¿Como traballa?
¿Que é un muro Trombe? ¿Que relación ten coas galerías?
¿Canto custa unha casa bioclimática?
¿Por que nos preocupa tanto a construción bioclimática se o que vai pagar a calefación e o dono da vivenda e non o construtor?
¿Que é a bioconstución?
¿Que illantes naturais vistes?
¿Como afecta ao Medio Ambiente o emprego dun tipo de madeira ou outro nunha porta?
¿Cal é o problema do PVC?
¿Por que as olas que empregamos nas cociñas solares deben ser negras?
¿Por que aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?
¿Que é o compost? ¿Como afecta o seu emprego ao Medio Ambiente?
¿Para que serve o aireador nunha billa? ¿Por que limpa máis?
Non se trata de contestar as preguntas, senon de facer unha reflexión sobre todo o que o profesor Juan Bello estivo expoñendo. Escollede un tema:
Bioconstrucción, Bioclimática, Muro Trombe, Materiais, Un material en concreto, Cociñas solares, Bicicletas e transporte... ou calquera outro dos traballados e facede un pequeno estudio e comentario sobre o mesmo. Non se trata dunha resposta a unha pregunta, máis ben unha "profunda" reflexión sobre o tema elixido.
Valorarei, a maiores, os comentarios que fagades ás reflexións dos vosos compañeiros.
Ánimo, a ver se imos collendo ritmo e salvamos o curso.
Blogue para traballo dos alumnos de Tecnoloxía Industrial 2, IES de Sabón, Arteixo, A Coruña. Tamén me gustaría axudar a outros docentes coas miñas ideas e actividades.
martes, 13 de diciembre de 2011
viernes, 9 de diciembre de 2011
jueves, 1 de diciembre de 2011
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


