Blogue para traballo dos alumnos de Tecnoloxía Industrial 2, IES de Sabón, Arteixo, A Coruña. Tamén me gustaría axudar a outros docentes coas miñas ideas e actividades.
viernes, 21 de noviembre de 2014
OBRADOIRO DE SENSORES
Despois do madrugón, a envexa aos que deixamos en Guitiriz para facer unha ruta e do noso percorrido polas rúas da Muralla lucense e, grazas ao GPS de Daniel, chegamos ao edificio da Deputación para participar nun obradoiro de sensores.
Coido que foi unha experiencia gratificante. Grazas Manuel. Así que agora toca facer un recopilatorio do aprendido.
ACTIVIDADE
Nos mesmos grupos ides describir as experiencias realizadas. Facede fincapé nos sensores que empregastes e as utilidades que consideredes que poden ter.
Finalmente, valorade a actividade.
VISITA A INDITEX
ACTIVIDADE
En grupos de tres alumnos debedes de describir o proceso que vos explicaron, desde a idea da prenda ata que chega ás tendas do grupo. Cada grupo pódese constituír nun departamento. Podedes completar o traballo con información que atopedes na rede sobre o grupo empresarial INDITEX.
Por último, facede unha valoración construtiva da visita.
VISITA Á EMPRESA APPLUS
ACTIVIDADE
Comentade a visita aos distintos laboratorios: microscopía, END, construcción. Facede fincapé na relación cos contidos traballados. Finalmente, valorade a visita.
miércoles, 25 de junio de 2014
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)