martes, 15 de diciembre de 2009

José Ramón sempre formará parte do noso Departamento


É difícil comezar unha entrada así.

O sábado pasado faleceu o noso profesor de Tecnoloxía José Ramón, non podería deixar de recordalo co sorriso que sempre buscaba nos seus amigos: compañeiros e alumnos.
O meu desexo é unha homenaxe sincera e sentida.
Non sei se este podería ser o seu lema, pero cando pensei en buscar unha imaxe para esta entrada tiña claro que un sorriso é o que buscaba.

Coma profesora estou convencida que vós, os seus alumnos, sodes un pouco mellores porque formou parte da vosa vida. Eu non estaba nas súas clases, pero sei que vos coñecía a cada un con moita profundidade e que valoraba todo o bo que hai vós, sempre minimizando se é que estudiades pouco ou non vos comportades de todo ben na aula. Iso non é fácil de atopar.
Por todos os sorrisos que provocou en min e por todo o bo que recordedes, desde aquí vai a nosa homenaxe.


martes, 17 de noviembre de 2009

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN





Como profesora creo que a actividade foi un éxito. Espero os vosos comentarios e explicacións.
Agradecemos ao profesor Juan Bello a súa dedicación e esforzo e ao IES de Someso o seu interese á hora de organizar estas xornadas. Felicitámolos polo seu bo traballo.

Deixo algunhas preguntas para a vosa reflexión e estudio:


  • ¿Cal é a función do balcón e/ou o alero nun edificio bioclimático?

  • ¿Como inflúe o entorno na bioclimática?

  • ¿Cal é a temperatura dentro dun iglú? ¿Como se pode vivir así? ¿Que pasaría se esa temperatura subise por riba dos 0ºC? ¿Que é o que ailla neste tipo de construcións? ¿Por que nos interesa iso se non somos esquimais?

  • ¿Existen casas soterradas en España?

  • ¿Cara onde orientarías unha galería? ¿Cal é a súa función? ¿Como traballa?

  • ¿Que é un muro Trombe? ¿Que relación ten coas galerías?

  • ¿Canto custa unha casa bioclimática?

  • ¿Por que nos preocupa tanto a construción bioclimática se o que vai pagar a calefación e o dono da vivenda e non o construtor?

  • ¿Que é a bioconstución?

  • ¿Que illantes naturais vimos?

  • ¿Como afecta ao Medio Ambiente o emprego dun tipo de madeira ou outro nunha porta?

  • ¿Cal é o problema do PVC?

  • ¿Por que as olas que empregamos nas cociñas solares deben ser negras?

  • ¿Por que aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?

  • ¿Que é o compost? ¿Como afecta o seu emprego ao Medio Ambiente?

  • ¿Para que serve o aireador nunha billa? ¿Por que limpa máis?

martes, 10 de noviembre de 2009

VIII Xornadas Bioconstrución

Mañá mércores, os alumnos de Tecnoloxía Industrial 1, visitarán a IES de Someso, dentro das actividades organizadas para as VIII Xornadas de Bioconstrución.

Segundo un dos organizadores das xornadas, Juan Bello, a activade está organizada do seguinte xeito:

Exposicións temáticas relacionadas coa bioconstrución e as enerxías renovables en diferentes formatos: Bibliografía específica, Documentación técnica, Paneis fotográficos, Paneis temáticos, Materiais empregados en bioconstrución, Cocinas solares e outros recursos didácticos para a aprendizaxe da Enerxía Solar. Sistemas de captación solar térmicos e fotovoltaicos. A bicicleta como medio de desprazamento sostible para un urbanismo sostible. O auga como un ben escaso.

Bibliografía temática: Aforro enerxético, Arquitectura, Auga, Autoconstrución, Bioclimática, Bioconstrucción, Cociñas solares, Contaminación electromagnética, Enerxías Renovables Enerxía solar, , Feng Shui, Madeiras, Radiestesia, Transporte non contaminante, Tóxicos no fogar, Urbanismo sostible, Xardinería ecolóxica, Xeobioloxía...

Documentación técnica: Materiais de construción ecolóxicos, Instalacións biocompatibles, Aforro de auga, Aforro enerxético, Illamentos, Pinturas ecolóxicas e naturais, Iluminación...

Paneis fotográficos: Realizacións en Bioconstrucción en diversos lugares da xeografía española, Instalacións de enerxías renovables, Solucións construtivas, Materiais empregados...

Paneis temáticos: Bioconstrucción, Enerxías renovables, Contaminación electromagnética, Xeobioloxía, Radiestesia, Feng Shui, Arquitectura sagrada...

Materiais empregados en bioconstrución: Illamentos, Conducións de auga, Bloques cerámicos e de terra, Pedras, Madeiras, Pinturas, Tabiquería lixeira, Impermeabilizantes, instalacións...

Recursos didácticos para a aprendizaxe da Enerxía Solar: Cocinas solares de baixo custo, Cociñas solares verán-inverno (30-60), Cociñas solares de concentración, Asador de brochetas solar, Ducha solar, Quentadores de auga, Destiladores solares, Pasterizadores solares, Instalación de produción de auga quente sanitaria con sistema de circulación forzada (instalación comercial para unha familia de 4 membros), Sistema de calentamento de auga por termosifón, Sección de captador de placa plana, Tubos de vacío, Concentradores de altas temperaturas, Instalación solar fotovoltaica con acumulación e transformación a 220V AC, Lámpara solar, Radio solar, Vehiculo con célula solar e pila de combustible de hidróxeno, Móvil solar, Reloxo solar histórico, Globo solar, Aplicacións cotiás da enerxía solar...

A auga como un ben escaso
: Mostra de diferentes sistemas de economía da auga, sistema de depuración da auga empregando procedementos naturais e tratamento de augas residuais.

A bicicleta como medio de desprazamento nun urbanismo sostible: A problemática do transporte nas cidades, espazos de circulación, espazos de aparcamento...

Sistemas de produción enerxética renovable: Mostra de diferentes materiais comerciais por parte das empresas colaboradoras.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Vista a Sotavento

O pasado xoves 22 de outubro visitamos Sotavento xunto cos alumnos do Ciclo de Instalacións Electrotécnicas.

Lede o seguinte documento e contestade ás preguntas que vos fago nel coma comentarios.



E aquí tedes todas as fotos que fixemos.

martes, 20 de octubre de 2009

VISITA A SOTAVENTO

O xoves día 22 de outubro os alumnos de Tecnoloxía Industrial 1, acompañados dos do Ciclo de Electricidade, visitaredes o Parque Eólico de Sotavento.

Sairemos do Centro ás 8:40 e regresaremos alá polas 18 horas.

É a primeira vez que facemos esta visita que espero sexa moi proveitosa e didáctica.

Deixo o enlace para que vaiades quentando motores sobre o que imos ver.

http://www.sotaventogalicia.com/

É interesante que vexades a zona interactiva.

Á volta colgaremos fotos e as inevitables preguntas sobre a actividade.

CURSO 2009-2010

Comezou o novo curso e temos que poñer ao día o blogue. Espero que todos os alumnos de Tecnoloxía Industrial 1 e de TIC, participen no mesmo. Tampouco estaría demais algunha visita dos de 2º.

martes, 2 de junio de 2009

ARTEIXOGRARES

Os alumnos de TIC, 1º de Bacharelato, elaboraron, ao longo da 2ª avaliación, un xornal ao que denominaron ARTEIXOGRARES.



O grupo está formado por 14 alumnos do bacharelato de ciencias, de humanidades e de ciencias sociais. Dividirónse en grupos segundo as seccións do xornal: portada, cultura e sociedade, tema libre, o teu entorno, medioambiente e deportes.



Todos os grupos estaban formados por dous alumnos, agás o de medioambiente que o constituían catro.



O nome asignado ao xornal adoptouse por votación entre varios propostos.



Cada grupo encargouse de buscar información, redactar as noticias, elaborar entrevistas, obter as fotografías (a maior parte delas foron feitas polos propios alumnos) e incluso elaboraron algún anuncio comercial. Tamén se encargaron da maquetación de cada páxina. Para isto empregouse o programa facilitado polo concurso "El Pais de los Estudiantes", que organiza o xornal El Pais.



Lamentablemente non quedaron finalistas no concurso, pero a implicación e o traballo creo que merece a pena.



A Biblioteca do Centro fixo unha pequena homenaxe cunha exposición baseada no seu traballo.








miércoles, 11 de febrero de 2009

ACTIVIDADES

A partir de agora espero escribir, en colaboración cos meus alumnos, sobre todas as actividades e visitas que se vaian realizando no Departamento de Tecnoloxía do IES de Sabón.

As actividades realízanse principalmente en 1º de Bacharelato, xa que 2º vén moito máis marcado polas urxencias de temario que impoñen as PAAU.

CHARLA PLÁSTICOS

O día 21 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato participaron nunha charla organizada polo CGAP.

Os alumnos tiveron a oportunidade de ver como se realizou unha pequena peza de plástico a partir de material reciclado mesturado con granza.

Tamén visualizaron distintas mostras de materiais plásticos identificados.