martes, 17 de noviembre de 2009

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN





Como profesora creo que a actividade foi un éxito. Espero os vosos comentarios e explicacións.
Agradecemos ao profesor Juan Bello a súa dedicación e esforzo e ao IES de Someso o seu interese á hora de organizar estas xornadas. Felicitámolos polo seu bo traballo.

Deixo algunhas preguntas para a vosa reflexión e estudio:


  • ¿Cal é a función do balcón e/ou o alero nun edificio bioclimático?

  • ¿Como inflúe o entorno na bioclimática?

  • ¿Cal é a temperatura dentro dun iglú? ¿Como se pode vivir así? ¿Que pasaría se esa temperatura subise por riba dos 0ºC? ¿Que é o que ailla neste tipo de construcións? ¿Por que nos interesa iso se non somos esquimais?

  • ¿Existen casas soterradas en España?

  • ¿Cara onde orientarías unha galería? ¿Cal é a súa función? ¿Como traballa?

  • ¿Que é un muro Trombe? ¿Que relación ten coas galerías?

  • ¿Canto custa unha casa bioclimática?

  • ¿Por que nos preocupa tanto a construción bioclimática se o que vai pagar a calefación e o dono da vivenda e non o construtor?

  • ¿Que é a bioconstución?

  • ¿Que illantes naturais vimos?

  • ¿Como afecta ao Medio Ambiente o emprego dun tipo de madeira ou outro nunha porta?

  • ¿Cal é o problema do PVC?

  • ¿Por que as olas que empregamos nas cociñas solares deben ser negras?

  • ¿Por que aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?

  • ¿Que é o compost? ¿Como afecta o seu emprego ao Medio Ambiente?

  • ¿Para que serve o aireador nunha billa? ¿Por que limpa máis?

5 comentarios:

  1. ¿Cal é o problema do PVC?
    O problema do PVC e a C, que unha vez que se separa do PV volvese moi inestable e altamente contaminante

    ¿Por que as olas que empregamos nas cociñas solares deben ser negras?
    Porque o negro transforma a enerxia luminica en calorifica

    ResponderEliminar
  2. ¿Por qué aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?

    Porque para bombear a auga ata a cisterna necesitamos usar unha bomba que consome electricidade.

    ¿Existen casas soterradas en España?
    Si, hai moitas na parte do sur(Andalucía), que se conservan perfectamente e a día de hoxe aínda están habitadas.

    ResponderEliminar
  3. *¿Por que afecta ao medio ambiente usar un tipo de madeira nunha porta ou outro?
    Porque se usamos madeira de outros países, esa madeira hay que transportala e iso require un gasto de enerxía inecesario.
    *¿Canto custa unha casa bioclimática?
    O mesmo que unha non bioclimática, xa que os factores que influen son a orientación entre outros e isto non sube o precio.

    ResponderEliminar
  4. -¿Existen casas soterradas en España?
    Si que existen casas soterradas en España
    -¿Que é o compost? ¿Como afecta o seu emprego ao Medio Ambiente?
    E o resto de diferentes cousas orgánicas,e serve como abono.
    -¿Que é un muro Trombe? ¿Que relación ten coas galerías?
    É un muro que capta toda a calor posible,nas horas que máis quenta o sol,e depois pasaá a casa en forma de calor.

    ResponderEliminar
  5. O problema do PVC é o cloro

    ResponderEliminar