O vindeiro 12 de febreiro, os alumnos de Tecnoloxía Industrial 2, realizaremos unha visita aos laboratorios de APPLUS+ en A Coruña.
Estes últimos anos foi a visita mellor valorada polos alumnos que atopan nela unha pequena motivación para afrontar o tema de Ensaios de Materiais en 2º curso.
Principalemente centraremos a visita
Laboratorio de Ensaios Non Destructivos:
* END
* Microscopía
Laboratorio de Materiais de Construcción:
* Ensaios a compresión
* Laboratorio de Aceiros (tracción)
* Laboratorio de Cementos
Na vista van facilitarvos un documento para tomar anotacións durante a visita que logo tedes que entregarme. Podedes consultalo previamente no noso curso MOODLE.
Podedes visitar a web da compañía
www.appluscorp.com/
sendo de especial interese a súa política medio ambiental
http://www.appluscorp.com/gestion_ambiental/download/medidas_ma.pdf

Elohim Ruibal 2ºbt
ResponderEliminarFoi unha visita moi interesante, o que mais me gustou foi cando rompimos por tracción a barra de aceiro corrugado e cando aplicamos peso ó cemento ata que rompera, despois parecéronme moi interresantes os artiluxios para ver as grietas ou os defectos nos materiais, que me parecen moi utiles