Espero os vosos comentarios sobre a visita a APPLUS. Recordade que aínda me debedes o cadernillo de observación da visita.
Deíxovos un par de fotos da visita, en especial a de Dario ¿Messi?
Grazas a todos pola vosa boa actitude nesta actividade, e grazas a Isabel Pardo pola súa compañía e interese. Tamén por facer de fotógrafa.



PATRICIA GARCÍA VARELA
ResponderEliminarA visita a Applus foi algo amena. Sempre, as saídas que facemos fora do centro fanse aburridas ou de pouco uso, logo, na práctica. Pero esta visita, a min, gustoume porque víamos o que estamos a estudiar e é máis sinxelo de entender e de estudar.
A pesar de que a profesora dixera que non se podía comentar o da comida, hai que dicir que estaba moi boa.
A min o que máis me gustou foi os ensaios no destructivos porque poidemos ver como se detectan as imperfeccións dunha peza a pesar de que a simpre vista non se observen (aínda que as mostras que utilizamos alí, si que se apreciaban ben). todo parecía un xogo de detectives. Non sabía que se podían facer radiografías dunha peza.
O peor dos ensaios que nos mostraron foi o de materiais de construcción. no ensaio de tracción meteume medo o momento no que a barilla se rompeu. O son que producíu foi algo forte e asusteime, e iso que darío ¿messi? xa nos había avisado.
Gustoume moito
Grazas por empezar.
ResponderEliminarA comida si que estaba boa.
Eu creo que é unha boa visita, sobretodo se estades interesados en estudos de enxeñería.
¡Haberá que replantexar o das visitas!
CRISTINA DOMATO ROZAMONTES
ResponderEliminarA visita da Applus pareciume unha actividade bastante instructiva,xa que no meu caso, non entendia moi ben os ensaios de materiais e axudoume a comprendelo mellor.
As explicacións que nos proporcionaron resultaronme adecuadas porque entendianse moi ben e poucas dudas atopei.
Na miña opinión,o ensaio que máis me gustou foi o dos non destructivos,porque á hora de estudalo costame bastante e non entedia moito, e grazas a esta visita comprendoo moito mellor.
En definitiva podo dicir que a saída gustoume moito e quedei abrallada coas actividades que vimos... e tamén, que a comida estaba moi boaaa!!!
ELIANA BOQUETE PAZ
ResponderEliminarA visita a Applus pareceume moi interesante e proveitosa, xa que nos serviu para entender moitos detalles que nas clases pasamos por alto.
O ensaio de materiais non destructivos, ao meu parecer, foi o máis interesante, e coa axuda do noso compañeiro Darío foi o máis divertido tamén.
Aprendín cousas coma que se lle fan radiografías a pezas, algo que nin me imaxinaba.
En conclusión podo dicir que é unha boa visita e deberíase seguir facendo en novos cursos.
Marcos Santiso Cacheda
ResponderEliminarFoi unha visita bastante instructiva e non en exceso aburrida.Axudoume a comprender mellor os ensaios, ainda que me gustaría haber visto mais, coma o do pendulo de Charpy e tamen como traballaba o coche imantado.
Os encargados de explicar fixerono bastante ben e trataronnos moi ben.
Boa comida por certo, se o ano que ven ainda estou no instituto, gustaríame que se repetira (a comida, a visita xa non me ten emoción).
A visita foi interesante con respecto, a que na clase non se poden ver, prácticamente, os ensaios. Ademais a visita estivo moi ben xa que tamen puidemos probar os ensaios. O peor é que non puidemos moitos ensaios por falta de tempo.
ResponderEliminarA visite que fixemos a Ap plus estivo bastante ben, xa que nos laboratorios explicaronnos numerosas cousas. O que mas me impactou foi a muestra que nos fixeron no primeiro laboratori,xa que despos de inmantar e votar as partículas vianse perfectamente as gretas.Tamén foi increible a maneira de como rompían as placas de hormigón coas máquinas.
ResponderEliminarAlexander Ríos Artime
A visita a APPLUS pareceume moi interesante,porque nunca vira como se facían os ensaios para ver como reaccionaban os materiais.A parte tamén me serviu para que me quedara un pouco máis claro para logo estudialos na clase.
ResponderEliminara visita a APPLUS foi moi constructiva para a mellora do estudo dos materiais na clase asi como a miña posterior formacion como inxenieira industrial.
ResponderEliminarunha das cousas que mais me impresionaron da visita foi o ensaio de traccion na barra fe ferro corrugado xa que parece que non vai romper polo rixido que é o ferro e nun intre inesperado rompiu provacondo un bo susto!
Por: NOELIA GARCIA GOMEZ