Como vedes este ano temos un pouco abandonado o blogue, non hai tempo para todo. Pero isto non é escusa para que non traballedes, temos moito que facer e o remate de curso está ahí.
O venres 18 fixemos a visita a APPLUS, grazas a Cristina Llamosas que sempre está ahí, contando con nós. A verdade é que supón unha grande oportunidade para nós poder participar nesta actividade.
Creo que cumpriu todas as vosas expectativas, a académica incluída, e que non se fixo pesada, agás a "viaxe de ida" no bus.
Agora toca que traballedes vos. Recordade que tedes que entregarme o caderno de traballo e que contará como nota de clase para a avaliación. Ademais, cada un de vós, debe deixar un comentario "intelixente" sobre o ensaio ou o aspecto que máis lle chamou a atención. Unha idea sería, por exemplo, comentar como imaxinábades vós o ensaio e como é na realidade. Canto antes o fagades mellor, porque así non tedes lido os comentarios dos vosos compañeiros, despois será máis difícil.
Ánimo que xa queda menos e os temas que faltan son máis agradables.
O que máis me gustou da visita foi o laboratorio de ensaios non destructivos xa que non imaxinaba que as novas tecnoloxías como poden ser os robots estiveran tan implementadas nun ámbito tan distinto ó seu como é este.
ResponderEliminarPor outra parte tamén me pareceu interesante o que aprendimos sobre o balance de compra de aceiro ós países exportadores e como a potencia Chinesa foi monopolizando o negocio.
Un saúdo.
O que máis me gustou da excursión foi a proba que se lle fais as barras de aceiro e a enorme cantidade de peso que pode aguantar unha viga de cemento.
ResponderEliminarUn saúdo.
A visita foi moi interesante, o mellor para min foron os ensaios non destructivos, xa que resultoume moi curioso ver como certos productos ou materiais poden "descubrir" defectos en pezas sen destruilas.
ResponderEliminarUn saúdo.
(Santiago)
ResponderEliminarBueno... pues lo primero es que se me había olvidado lo del comentario, así que lo escribo ahora...(mejor tarde que nunca)
La verdad es que me llamó la atención el ensayo de tracción con la barra de acero. Sabiendo que el acero es un material bastante dúctil y maleable, esperaba que se estirase un poco más antes de romper, o que se viera claramente una zona en la que fuese estrechando, hasta romper, en lugar de romper repentinamente. Además, lo que me llamó realmente la atención de todo esto es que al estirar la barra de acero se rompiera haciendo un corte limpio, ya que lo que ocurre normalmente cuando "tronzas" o estiras de algo hasta romperlo es que quede como "marcas" o que se esctreche la zona hasta romper y quede como una especie de "cono" (como al romper un chicle o plastilina).
A visita foi moi interesante, as probas son impresionantes, os materiais aguantan grandes traccións ou compresións de toneladas,tamén é interesante o que se fai no laboratorio de microscopia para saber porque averiou o material.
ResponderEliminarO que máis me gustou este ano da visita a APPLUS foi a explicación que nos deron en microscopia,non coma o ano pasado que o rapaz non explicaba ben.Cando nos falou da exportación de aceiro de china tamén me pareceu moi interesante.
ResponderEliminarE ainda que xa fora o ano pasado,segueme gustando o ensaio de tracción das barras de aceiro.
Nada máis.Un saúdo
O que máis me chamou a atencion na visita foi ese tipo de cañeria con pinchos de arredor, xa q nunca vira unha cañeria igual. Despois tamén vin interesante a camara de humidade porque xa que estamos en galicia (moita humidade) creo que é un factor prescindible de saber.
ResponderEliminarO que menos me gustou foi que nas probas non destructivas non se pararon tanto como o ano pasado. Creo que esta visita non merecia tan pouco tempo xa que por unha parte fumos afortunados de ver algo que estabamos empezando a dar. Un saúdo