Deixo algunhas preguntas para a vosa reflexión e estudio:
¿Cal é a función do balcón e/ou o alero nun edificio bioclimático?
¿Como inflúe o entorno na bioclimática?
¿Cal é a temperatura dentro dun iglú? ¿Como se pode vivir así? ¿Que pasaría se esa temperatura subise por riba dos 0ºC? ¿Que é o que ailla neste tipo de construcións? ¿Por que nos interesa iso se non somos esquimais?
¿Existen casas soterradas en España?
¿Cara onde orientarías unha galería? ¿Cal é a súa función? ¿Como traballa?
¿Que é un muro Trombe? ¿Que relación ten coas galerías?
¿Canto custa unha casa bioclimática?
¿Por que nos preocupa tanto a construción bioclimática se o que vai pagar a calefación e o dono da vivenda e non o construtor?
¿Que é a bioconstución?
¿Que illantes naturais vistes?
¿Como afecta ao Medio Ambiente o emprego dun tipo de madeira ou outro nunha porta?
¿Cal é o problema do PVC?
¿Por que as olas que empregamos nas cociñas solares deben ser negras?
¿Por que aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?
¿Que é o compost? ¿Como afecta o seu emprego ao Medio Ambiente?
¿Para que serve o aireador nunha billa? ¿Por que limpa máis?
Non se trata de contestar as preguntas, senon de facer unha reflexión sobre todo o que o profesor Juan Bello estivo expoñendo. Escollede un tema:
Bioconstrucción, Bioclimática, Muro Trombe, Materiais, Un material en concreto, Cociñas solares, Bicicletas e transporte... ou calquera outro dos traballados e facede un pequeno estudio e comentario sobre o mesmo. Non se trata dunha resposta a unha pregunta, máis ben unha "profunda" reflexión sobre o tema elixido.
Valorarei, a maiores, os comentarios que fagades ás reflexións dos vosos compañeiros.
Ánimo, a ver se imos collendo ritmo e salvamos o curso.
¿Cal é a función do balcón e/ou o alero nun edificio bioclimático?
ResponderEliminarA principal función disto seria o ahorro en electricidades que se necesitaria tanto para a calefacción en inverno e o aire acondicionado en verán. A explicación de porque ocorre isto e pola incidencia do sol que e diferente no veran e no inverno, no inverno pasa a luz a traves das ventanas e no verán da a sombra polos balcóns. Isto fai pensar en que existen moitos metodos sencillos que estan dentro das capacidades de calquera se pensas niso que poden axudar a aforrar calquer tipo de cousa, neste caso económico.
Todos sabemos que o plástico aplícase en diferentes ambitos, coma las botellas, a pintura, as bolsas, nalgunhas ventanas... Sen embargo, hai moito tipo de plásticos.
ResponderEliminarEntre eles destaca o PVC, e non por ser amigo do medio ambiente. O PVC (policloruro de vinilo) trátase dun material asociado co cloro, que se trata dun elemento tóxico. Trátase dun material moi barato, e as súas características son inmellorables (fácil moldeamento, ten un alto valor enerxético, server para un bo aislamento...), sen embargó, é un composto que non se encontra na natureza, e a respiración reiterada de PVC pode chegar a producir graves lesións a saúde, coma é o cáncer. Realmente vale a saúde de moitas persoas o diñeiro que se aforran as multinacionais que utilizan PVC?
Respecto ó comentario de Anxo, engadir que estes aleros poden ser tamén aleros naturais, como serían as parras dunha vide (no verán, coas follas, protexe do sol, e no inverno, sen elas, deixa pasar toda a calor posible)
O máis interesante da exposición, ao meu entender, foi a parte final dedicada ao transporte. Hai unhas décadas probablemente non tiña sentido reflexionar sobre este tema, mais a crecente da industria automobilística resultou, hoxe en día, nun brutal impacto económico e medioambiental.
ResponderEliminarQué dicir ten que o emprego dun coche particular diariamente afecta gravemente ao medio ambiente emitindo gases nocivos para a atmosfera. Mais, para quen se blindou de escepticismo fronte a este discurso convertido xa, erroneamente, en tópico, nesta exposición demostrouse como, paralelamente ás solucións medio ambientais, existe unha mellora social e económica.
O mellor exemplo témolo no transporte. Nunha praza de aparcamento onde só cabe un coche, pódense deixar 12 bicicletas. Só tendo en conta este aspecto, a utilización xeneralizada da bicicleta entre a poboación xa suporía un drástico cambio urbanístico, económico e social.
As dúas principais obxección desta medida serían: o problema do tempo, e o esforzo ou falta de comodidade. Este segundo é fácil de refutar posto que, se unha persoa está disposta a traballar a cambio dun salario, tamén estará disposta a facelo a cambio de aforrar o combustible e o mantemento dun coche. En canto ao problema do tempo, só nos queda facernos a seguinte pregunta: En que podemos inverter o tempo mellor que no noso propio benestar individual e social?
Respecto ao comentario de Juan, gustaríame concluír que, ao igual que no problema que eu trato, a solución estaría na información da poboación que, moitas veces, é escasa respecto de este tema.
Respecto ao comentario de dylan, caberia dicir que o tempo non e ningun problema. Cando vas en coche, o tempo que tardas en encontrar un sitio para aparcar e o que te demoran as caravanas e moito mai que o traxecto, en cambio na bici non tes problemas de aparcar nin de trafico ademais de que aparcas a porta de onde ti queiras.
ResponderEliminar¿Por que aforramos electricidade se aforramos auga na cisterna?
ResponderEliminarAl principio, puede que no encontremos la relación entre el ahorro de agua y de electricidad, pero si nos paramos a pensar, la electricidad es totalmente necesaria para que el agua llegue a nuestra casa en buenas condiciones. Para empezar, el agua tiene que pasar por unas depuradoras que traen consigo un gasto de electricidad grande, y después, es trasladada a depósitos muy altos para poder llegar luego a nuestras casas, y para todo esto se necesitan motores y bombas de agua. Es por eso, que cuando ahorramos agua, también conseguimos ahorrar electricidad y por lo tanto es beneficioso para todos.
O compost consiste en materia órganica semidescomposta. Na visita, o compost que puidemos ver proviña da descomposición da herba cortada do recinto do propio centro. A herba que se corta no centro é un axente contaminante debido a que o concello non recolle os restos e o centro ten que desfacerse deles dalgunha manera, que inevitablemente acaba pasando por meter a herba cortada en bolsas de basura e tirala no contedor. Como a herba é máis da que o contedor de desfeitos órganicos pode conter, esta acaba tamén no contedor de inórganicos tamén, o cal é un problema no proceso de reciclado destes desfeitos inórganicos. Así, algo tan natural como a herba pode chegar a ser un axente contaminante se non se fai con ela o máis adecuado. Neste caso, o compost é a mellor solución ó problema: os restos son introducidos nun reciepiente pechado e para evitar o crecimiento de bacterias anaérobicas (as que producen mal olor e só se poden dar en medios sen aire) ponse encima dos desfeitos restos de ramaxe das árbores,que permitan pechar o recipiente pero non hérmeticamente, deixando entrar e saír pequenas cantidades de aire que evitan o desenvolvemento de bacterias anaérobicas. Desta forma, podemos desfacernos dos restos sen contaminar e ademais conseguer un abono natural para a terra a un coste 0.
ResponderEliminarVisto o seguinte caso, queda claro que o compost é beneficioso par o medio ambiente, xa que é un abono natural que procede de desfeitos potencialmente contaminantes e ademáis obtense un material que pode ter diversos usos ademáis do abono.
Hoxe en día na situación que se encontra o mundo coa crise mundial a xente esta empezando a pensar no ahorro de electricidade, auga, gas... cousas que antes o mellor eran un pouco ignoradas, planteanse novas constuccións máis eficientes que gardan mellor a calor en inverno, e a casa se manteñe fresca e a sombra no verán gracias a que estan pensadas na disposición do sol segundo a época do ano. Tamén debido ao cambio climatico se empezou a pensar nas emisións de c02 que supon un problema moi grande tamén, os coches hoxe en dia son imprescindibles xa que non en todos sitios hai un bo transporte público por exemplo en arteixo o servizo do transporte público é pésimo e ademáis de ser caro, ir en bicicleta pode ser unha solución pero como todos ten os seus inconvintes, se non vives en un sitio medianamente llano as costas levando as cousas e a roupa do traballo son imposibles, os dias de calor chegariamos sudados, polo tanto deberian de haber duchas e vestuarios para poderse cambiar, por outra parte facendo deporte liberanse endorfinas unha substancia que ao liberarse nos chea de vitalidade e polo tanto rendir mellor no traballo e reducir o estrés dos traballadores, méntres que no coche cos atascos a xente que métese en medio e demáis consiguén estresarte. Na plaza dun coche caben 12 bicicletas pero tamén hai que pensar que nun coche caben 5 persoas. O coche non deberia utilizarse para ir unha sola persoa a traballar o estado deberia dar axudas para comprar motos, bicicletas e vehículos pequenos que dan moita mas mobilidade en cidade e menos emisións de CO2. Tamén existen bicicletas eléctricas que se cargan có mesmo pedaleo e poderian ser efectivas xa que costa arriba poderias usar o motor, pero por lei non poden pasar de 25km/h unha velocidade demasiado baixa e eu penso que deberian suavizarse con estas leis para que a xente as utilice máis. Outra via que hai son os coches que funcionan con biocombustibles pero non me parece unha boa opcion xa que para facelos destruense selvas e se explotan moitos recursos naturais, os fornos solares poden axudar a cociñar sen usar gas nin electricidade pero haberia que melloralo un pouco xa que ter que esperar 3 horas para comer un polo é demasiado.
ResponderEliminarCon respecto ao comentario de anxo si a bicicleta a podes aparcar onde ti queiras pero ten un inconvinte ten que ser nun sitio visible porque se non arriscas a quedar sin bicicleta ou sen unha roda ou o sillin cousa que non te pasaria co coche, asi que deberia haber aparcamentos de bicicletas en lugares visibles.
COMENTARIO DE SAMUEL OTERO
ResponderEliminarO alero da casa fai unha función moi importante, para que desempeñe esta función ten que ter a medida axeitada, esta medida é a intersección entre o angulo que forma o sol entrando pola venta no veran e no inverno. Así calculase a lonxitude ideal que debería ter o alero para que no veran dea sombra e a habitación estea fresca, e para que no invernodeixe pasar o sol e quente a habitación. Esto é unha característica moi importante posto que nos aforrara diñeiro en calefacción posto que o propio sol axuda a quentar a habitación