viernes, 21 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE SENSORES

Despois do madrugón, a envexa aos que deixamos en Guitiriz para facer unha ruta e do noso percorrido polas rúas da Muralla lucense e, grazas ao GPS de Daniel, chegamos ao edificio da Deputación para participar nun obradoiro de sensores. Coido que foi unha experiencia gratificante. Grazas Manuel. Así que agora toca facer un recopilatorio do aprendido. ACTIVIDADE Nos mesmos grupos ides describir as experiencias realizadas. Facede fincapé nos sensores que empregastes e as utilidades que consideredes que poden ter. Finalmente, valorade a actividade.

8 comentarios:

  1. GRUPO SERGIO GARCÍA / DANIEL GARCÍA / JESÚS FRAGA:

    Na visita que fixemos o 19 de novembro de 2014 á Deputación de Lugo, realizamos unha serie de ensaios con sensores montados en legos mindstron nxt:
    Ensaio de Son: para esta práctica empregamos un micrófono conectado ao ladrillo, e lle indicamos ao ladrillo que escoitase as palmadas que dábamos cada un dos membros do grupo e que logo fixera unha gráfica para realizar comparacións. Posteriormente fixemos o mesmo pero cunha bola e unha canica, para saber a altura que alcanzaban.
    Ensaio lumínico: co sensor lumínico só comprobamos na gráfica como rexistraba as variacións de luz as que o sometíamos, non o empregamos para un uso particular. Observamos como rexistra as variacións que percibe do ambiente.
    Ensaio de choque: para esta esta práctica utilizamos un sensor de choque conectado no porto 4 de entrada do nxt, programamos o nxt para recolla mostras durante 10s a 25 mostras por segundo, analizando a gráfica para saber cantas pulsación facemos neses 10s.
    Ensaio de ultrasóns: para as dúas prácticas que realizamos de este tipo usamos sensores de ultrasón, que emitían e recibían ultrasóns medindo o tempo que tardan estes en realizar o percorrido. Unha das practicas consistiu en saber a cantidade de auga que hai dentro dun bote cilíndrico medindo a altura do bote por fora e por dento e o radio deste.
    Ensaio de temperatura: cun sensor de temperatura conectado ao ladrillo medimos as diferenzas de temperatura nun recipiente de auga quente e nun de auga fría.

    Na miña opinión a visita foi bastante entretida e ademais o aprendido vainos servir para o concurso de robótica da Fundación Barrié.

    ResponderEliminar
  2. → Sonido:
    1. Co programa aportado programamos para medir as variacións de sonido que provocaban o zapateo de cada un durante dez segundos. Para programalo enchufamos o sensor de sonido no porto escollido. Para saber os resultados, enchúfase de novo ao ordenador e representa cunha gráfica a amplitude de ondas que provocaban os zapateos.
    2. O segundo ensaio foi saber que pelota facía máis ruído ao botar. A programación foi igual ca o do ensaio anterior, reducindo o tempo de toma de mostras a 5 segundos e 10 tomas por segundo.

    → Pulsómetro:
    1. Prográmase no ordenador. Pasámolo ao Lego, e continuadamente conectábamos, no porto que puxeramos no programa, o sensor de pulsación e descargábamolo. Acto seguido, faciamos a proba con dous sensores de pulsacións para ver quen pulsaba mais veces nun determinado tempo, e saía unha grafica un pouco apertada, xa que habia moitas pulsacións.
    2. O sengundo ensaio que fixemos, o Lego emitía un son, e medía a capacidade de reacción despois de que sonase. Ao rematar o tempo, enchufamos de novo o USB do Lego, e reproducía a grafica no ordenador, que medía os golpes.
    3. A terceira proba que fixemos é moi parecida a anterior, onde o Lego non emitía un son, senón que aparte do sensor de pulsación, tíñamos un sensor de luz conectado a outro porto, para asi, nun tempo aleatorio, acendíase, e volvía a medir a capacidade de reacción nunha grafica.

    → Ultrasons:
    1. Que pelota botaba máis: Programase o Lego, no ordenador, para que calculase distancias por medio da emisión e recepción de ultrasóns, nun período de dez segundos e 5 mostras por segundo e métese no Lego. Activase o programa no Lego e lanzamos tres bolas; unha pelota de tenis unha pelota de plastico e unha canica. O ensaio non deu un resultado correcto, xa que o sensor de ultrasons únicamente calcula o paso da bola por diante del e non a altura á que esta.
    2. Candidade de líquido nun cilindro: activase desde o propio Lego o sensor de ultrasons, previamente conectado. Calculase a altura do cilindro poñendo o sensor no borde superior do cilindro vacio e despois calculase a altura da mesma maneira, pero habendo auga no cilindro. Poñendo un obxeto nun extremo da base do cilindro e o sensor na outra, calculase o diametro, para calcular a área. Unha vez se cálculou a área multiplicase primeiro pola altura co cilindro vacio e despois pola altura do cilindro con líquido, para calcular os volumen do cilindro e o volume no que non hai auga, respectivamente. A diferencia dos volúmenes é a cantidade de auga.
    -Calcular a altura das persoas: colócase o lego co sensor colocado dunha parede a unha altura alta. Activase o sensor dende o propio lego e mídense as distancias ata o chan e ata a persoa que se queira medir. A diferencia das distancias é a altura da persoa.

    → Termómetro:
    O obxectivo deste ensaio era saber a temperatura da auga quente, fría e a temperatura ambiente. Tiñamos un termometro, o metiamos dentro dun recipiente que tiña auga quente, e no ordenador, saíanos unha gráfica ca variación de temperatura durante uns segundos. Despois, metiamos de novo o temometro, pero esta vez nun recipiente de auga a temperatura ambiente, e na gráfica, observabamos como descendía a temperatura pouco a pouco, ata acadar a tempereatura ambiente.

    → Ensaio rotación e motor:
    1. Rotación: Para este ensaio utilizamos un abecedario coas letras postas de forma circular, co sensor de rotación posto no centro, de forma que ao apuntar ás diferentes letras do abecedario, marcaba un ángulo determinado. Para practicar, desencriptamos unha mensaxe e encriptamos outro.
    2. Motor: Para este ensaio utilizamos un motor e calculamos a velocidade lineal do robot con diferente potencia. A primeira vez co 50% do total e a segunda co 100%.

    Na miña opinión foi unha visita que foi moi amena, entretida e interesante para as persoas que estean interesadas na informática e a programación. Estou agradecido de que sexa posible visitar este obradoiro, que, dende o meu punto de vista, mellorou con respecto ó ano anterior.
    (Traballo modificado para poder comentalo)

    ResponderEliminar
  3. Dende o meu punto de vista, esta visita foi unha das mais entretidas que fixemos. Pareciume do mais entretido, desde o punto de vista de que aprendemos cousas con respecto a informatica. Ademais, xa viñeramos o ano pasado a este obradoiro, e este ano gustoume bastante mais.

    ResponderEliminar
  4. A visita foi moi interactiva, non so nos ensinaron como funcionan os lego mindstrom, senon que tamen a programalos e a realizar unha serie de practicas con varios sensores:
    Presión: combinado cun sensor de luz medimos a cantidade de pulsacions
    realizadas nun determinado tempo.
    Temperatura: medimos a temperatura da auga.
    Ultrasons: medimos as dimensións dun depósito para saber o seu volume e canta auga había no seu interior.
    Son: medimos a cantidade de palmadas nun determinado tempo.

    A visita recomendoa a todo o que este interesado no mundo da robotica e dos sensores.

    ResponderEliminar
  5. A visita foi moi útil para ver a un nivel sinxelo as múltiples aplicacións dos sensores asi como tamén aprendimos a utilizar e interpretar os datos recollidos polo robot lego mindstorm. Ademáis das prácticas que realizamos tamén vimos algúns programas informáticos deseñados para diversos sensores polos organizadores do obradoiro.

    ResponderEliminar
  6. A visita foi moi interesante, xa que vimos as utilidades te todos os sensores e prendimos a utilizalos para diferentes fins. Ademais aprendimos algo de informática, que era necesaria para a programación dos sensores. Na miña opinión este ano foi máis interesante que o que fixeron o ano pasado.

    ResponderEliminar
  7. Unha visita que creo que foi moi interesante xa que con procedementos moi simples puidemos ver o funcionamento dos distintos sensores. Ademais aprendimos algo de programación xa que era necesario para facer traballar aos sensores. Os sensores que puidemos ver son: son, pulsador, ultrasons, temperatura e o de rotación.

    ResponderEliminar
  8. Práctica 1 - Sensor de son
    Consistía en comprobar quen tiña os zapatos máis ruidosos. Para eso medimos os decibelios que provocaban os zapatos de cada un ao golpear o chan cun sensor de sonido. Primeiro conectamos o sensor ao “ladrillo” e configurámolo para fixera 25 medicións por segundo durante 10 segundos. Mentres realizábamos a experiencia o programa construía a gráfica decibelios – tempo.

    Práctica 2 - Sensor de pulsaciones
    Consistía en comprobar quen podía realizar máis pulsacións nun tempo determinado cun sensor de contacto. Para realizar a experiencia conectamos dous sensores que medían o número de veces que o pulsábamos. Configuramos o ladrillo para que fixera 15 medicións por segundo en 30 segundos. O programa construía a gráfica pulsación – tempo.

    Práctica 3 - Sensor térmico
    A experiencia consistía en medir a temperatura de dous vasos de auga, un frío e outro quente. Para facer a proba conectamos un sensor de temperatura ao “ladrillo” e configurámolo para realizar dita proba. O sensor mediu a temperatura da auga dos dous vasos durante un certo intervalo de tempo.

    Práctica 4 - Sensor de ultrasóns
    Esta práctica consistía en medir a altura dunha persoa, a partir dun sensor de ultrasons. Para poder facela, conectamos un sensor de ultrasons ao “ladrillo” e logo programamolo para facer unha medición durante 1 minuto. Unha vez programado, colgámolo da parede perpendicularmente ó chan e comenzamos a medición. A continuación fomos colocándonos debaixo un por un. Ao pasar os resulados ao ordenador, comprobamos na grafica as medicións, e buscamos os puntos nos que esta era mais baixa, logo restamoslle esa medida aos 2 metros de altura aos que estaba pendurado o sensor.

    Práctica 5 - Sensor de rotación
    Con este sensor medimos o ángulo (en grados) de rotación dunha roda. A partir disto participamos nun pequeno xogo que consistía en: unha folla co abecedario formando un círculo e colocando a roda no centro comenzando na A - 0º ; nós tíñamos que descifrar un código composto por grados deixado polos demáis compañeiros. Logo deixábamos o noso propio código.

    Práctica 6 - Sensor de ultrasóns
    Nesta práctica tiñamos que calcular a cantidade de auga que había nun bote. Para facelo, collemos un ladrillo que tiña un sensor de ultrasons conectado, medimos a altura do bote e a distancia dende o borde ata o nivel da auga para calcular así a súa altura. Despois medimos o diametro da base e coa ecuación matemática do volumen dun cilindro (V=π D·h) calculamos a cantidade de auga que contiña o bote.

    Práctica 7 - Sensor de sonido
    Con tres bólas de diferentes tamaños e materiais (unha canica, unha bóla de plástico e unha pelota de tenis) tiñamos que descubrir cal botaba durante máis tempo. Grazas ao sensor de son pudimos saber cal facía ruido durante máis tempo e coñecer así cal tardaba máis tempo en parar de botar.

    Práctica 8 - Sensor de ultrasonidos
    Nesta última experiencia medíamos o número de oscilacións que daba o “ladrillo”, o cal estaba atado a un oscilador harmónico. Para facelo, conectamos o sensor de ultrasons, e así calcular en 30 segundos o número de veces que subía e baixaba o muelle e obter a grafica do seno espacio (altura, eixe y) - tempo (eixe x).



    A pesar das horas que pasamos en bus para chegar e volver, eu creo que foi a mellor saída do curso. Foi moi entretida, amena e ben estructurada, aprendimos sobre sensores e divertimonos facendo as prácticas con eles.

    ResponderEliminar